10/26/2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Hoxe, os nenos de sexto de primaria ímos falarvos do día da biblioteca celebrado o 24 de outubro dende o 1997. Conmemórase este día por mor da destrucción da biblioteca de Sarajevo, no conflicto balcanico. Ésta destruíuse porque moitos tiranos como Hitler, viran nos libros unha fonte de franca oposición e mandaran queimalos en grandes fogueiras. Na realidade, é o que detonou a destrución de dita biblioteca.

Dende aquel día no que foi incendiada a biblioteca de Sarajevo, os membros da "Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil" decidiron adoptar ese día para conmemorar e trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores de todas as idades e como un instrumento de mellora da formación e da convivencia humana.

Para conmemorar este 24 de outubro, nós, dende o cole, e tendo en conta a situación de pandemia que estamos a vivir e as medidas que temos que cumprir, queriamos ensinarvos a nosa biblioteca e o protocolo de uso da mesma. Dicirvos que o vídeo que gravamos está feito con todas as medidas de protección e seguridade; nos momentos nos que aparecemos sen máscara, tentando que se nos escoitase ben, foron gravados de xeito individual, sen ninguén ao noso carón. Esperamos que vos guste.

 

 A NOSA BIBLIOTECA E O PROTOCOLO COVID


10/18/2020

ENTREGA DE PREMIOS

Como sabedes... tiñamos unha conta pendente cos nosos premiados no concurso "Contos de aquí e de acolá", proposto pola biblio en tempo de cuarentena. A semana pasada fixemos a entrega dos mesmos ademais de un pequeno detalle para os nosos colaboradores de biblioteca do curso pasado.

PREMIADO NA MODALIDADE B: ENEKO DOVALE PÉREZ


PREMIADA NA MODALIDADE C: PAULA MANÍN RODRÍGUEZ



ACCÉSIT: AROA DOVALE PÉREZ

OS NOSOS COLABORADORES DE BIBLIOTECA




9/22/2020

PREMIO - AXUDANTES DE BIBLIOTECA

Os nosos axudantes de biblioteca están de noraboa!

Fomos un dos dez centros premiados dun total de 88 memorias presentadas, polo traballo realizado no programa de "Voluntariado de lectura-A".

Neste curso, os nosos colaboradores disfrutarán do premio que consistirá nun obradoiro especializado.

                                      NORABOA RAPACES!!!!

6/12/2020

FALLO DO CONCURSO "CONTOS DE AQUÍ E DE ACOLÁ" E DESPEDIDA . . .


Chega o verán e toca despedir este "estraño" curso, onde tivemos que ficar na casa e traballar dende ela. Querémosvos dar a noraboa, sodes uns campións e as vosas familias que vos apoiaron e axudaron, tamén!

Antes de marchar, coñeceremos aos gañadores do concurso "Contos de aquí e de acolá", publicado no blog o pasado 17 de marzo. 
Despois da valoración do xurado, os premios son para...

MODALIDADE "A": DESERTA.

MODALIDADE "B": ENEKO DOVALE PÉREZ.

MODALIDADE "C": PAULA MANÍN RODRÍGUEZ.

ACCÉSIT: AROA DOVALE PÉREZ.


Damos a noraboa aos premiados!! 

Dadas as circustancias, queda pendente a entrega dos premios para o vindeiro curso escolar.

Agora toca descansar, disfrutar o mellor posible deste tempo de vacacións e desexar que no vindeiro curso podamos reencontrarnos novamente no cole.

Bo verán e apertas mil!

6/11/2020

GUÍA DE LECTURA - VERÁN 2020

Aí vai a guía de lectura para estas vacacións. Esperamos que vos gusten e que pasedes unhas moi boas lecturas veraniegas!
GUÍA DE LECTURA PARA O VERÁN de Bibliochicharrón Foz