9/25/2018

BENVIDA AO NOVO CURSO 18/19

Benvidos de novo á nosa biblioteca

 Arranca un curso mais, no que esperamos que o espazo da nosa biblioteca sexa especial para todos vós, onde atopedes novas aventuras, descubrades e aprendades moitas cousas coas vosas lecturas. De seguro que haberá unha morea de libros nos que mergullar a vosa imaxinación.

Esta semana disfrutamos da sesión de apertura, pola que pasou todo o alumnado do centro, agás os nenos de 4º de Infantil que virán nos próximos días.

Co alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria, fixemos unhas sesións de formación de usuarios: recordamos normas da biblioteca, onde atopar os documentos segundo o que queramos buscar..., ademais os rapaces de 5º e 6º puideron anotarse para ser "Axudantes de Biblioteca", estaban emocionadísimos!!
Para rematar estas sesións traballamos unha ficha de estructuración da biblioteca, empregando os planos da nosa biblio.

O alumnado de 5ºe 6º de Infantil e 1º, 2º e 3º de Primaria, ademais de recordar as normas disfrutaron dun conto: "O que ten que aprender un cempés que queira ser sabio como Perico" narrado pola profe de biblioteca, "Marisa", axudada polos alumnos da súa titoría.




















6/14/2018

DESPEDIDA DOS AXUDANTES DE BIBLIOTECA

Como pasa o tempo... alá vai un ano de traballo, esforzo pero tamén de risas e bos recordos que todos gardaremos para sempre no noso corazón...

Chegou a hora de despedir aos nosos "Axudantes de Biblioteca", uns que xa marchan para o instituto, aos que lles esperan novas experiencias e emocións.... e outros que esperamos que en setembro continúen formando parte deste Equipo de Biblioteca.

Para despedilos reunimos a todo o alumnado de primaria, xunto co profesorado, na biblioteca, onde disfrutamos dos booktrailers que realizaron no obradoiro.

A continuación, un por un, subíu ao escenario para recibir un pequeno agasallo polo esforzo realizado durante todo o curso.

Todo o Equipo de Biblioteca, aproveitando esta nova, queremos desexarvos a todos que pasedes un bo verán!!!




































TALLER DE BOOKTRAILER


Este curso tivemos a sorte de que os nosos "Axudantes de Biblioteca" foran seleccionados no programa "Voluntariado de Lectura - A". 
O agasallo foi a realización dun obradoiro de "Booktrailer" que realizamos o pasado 6 de xuño.
Nos seguintes enlaces podedes ver os resultados.







6/13/2018

XORNAL ESCOLAR - PAROLADAS


 No seguinte enlace podedes atopar o noso xornal escolar PAROLADAS Nº 58
Curso 2017 - 2018




https://issuu.com/bibliochicharronfoz/docs/ilovepdf_merged

6/08/2018

GUÍA DE VERÁN 2018

No seguinte enlace podedes acceder á páxina web do centro, onde atoparedes a guía de lectura coas recomendacións para este verán.

Esperamos que sexan do voso agrado e que disfrutedes moito con elas!!!

web do centro: Guía de lectura - verán 2018

6/01/2018

CONTACONTOS "IAGO"

  O pasado luns 28 de maio, por xentileza da Editorial Anaya, visitounos o contacontos "Iago".
Foi dirixido ao alumnado de Educación Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria. Nesta ocasións o conto escenificado foi "Ti cantas e eu conto".