10/21/2010

I CONCURSO DE LECTURA EN VOZ ALTA "LER E ESCOITAR"

A Consellería de Educación, a través da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, publica hoxe no Portal Educativo a convocatoria do I Concurso de Lectura en voz alta, "LER E ESCOITAR", destinado ao alumnado de 3º Ciclo de Primaria e 1º Ciclo de ESO. O concurso terá unha primeira fase no centro e unha fase autonómica, da que sairán os finalistas da fase última do concurso que se resolverá nun acto de lectura pública. O concurso contempla as modalidades individual e de grupo. Haberá premios para as lectores e os lectores e para os centros de procedencia.

Texto extraído da páxina web das bibliotecas escolares






O noso cole está a participar neste concurso; como xa sabedes (os alumnos de 5º e 6º) estivemos facendo lecturas en voz alta na biblioteca (sesión de biblioteca, contacontos nos recreos...)
Como resultado xa temos a selección de alumnos que pasaron a primeira fase do concurso no centro.
 
Os afortunados son:
 
LECTURA INDIVIDUAL: LUCÍA LÓPEZ LOMBARDERO (5º).
 
LECTURA EN GRUPO:       LUCÍA LÓPEZ LOMBARDERO (5º)
                                       MARIÑA BARREIRO RAMOS (5º)
                                       MARTIÑO FERNÁNDEZ XOVE (5º)
                                       HUGO GARCÍA NIÑEZ (6º)
                                       NURIA MEIJIDE MÉNDEZ (6º)
 
NORABOA AOS AFORTUNADOS!!!!!!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario