11/22/2024

VISITA Á GANDERÍA DE ANA PÉREZ BOO

 O xoves 21 de novembro o alumnado de 3º e 4º de Primaria, xunto coas súas mestras e mestre, visitou a gandería de Ana Pérez Boo en Terra Chá, por xentileza da ANPA.

 


Alí explicáronlles moitas cousas das ovellas: tipo de raza, que lles producían, o seu coidado sanitario, a súa alimentación (os nenos déronlles pan), que raza de cans as protexían... e moitas máis cousas.

 




 



 

Déronlles a merenda .







Xogaron fóra e viron as ovellas no exterior.







 

Unha tecedora explicoulles o proceso da la ata poder tecela, incluso como tinguila con tintes naturais.







E para rematar, déronlles cadanseu agasallo.

 




 

Gustounos moito e pasamos unha xornada moi agradable.

Grazas á gandería ovina e á ANPA.

Para ampliar información podedes ler a seguinte noticia de O Progreso:

Granxa ovina en Terra Chá

Ningún comentario:

Publicar un comentario