O xoves, 30 de maio, o escritor, ilustrador e pintor galego, Pablo Otero "Peixe", visitou o noso centro onde impartiu un Obradoiro de Creatividade para todo o alumnado, tanto de Educación infantil como de primaria.
Para o alumnado de 1⁰, 2⁰, 3º e 4º de Primaria a actividade consistiu en crear un personaxe fantástico do mundo animal con distintos materiais de refugallo - caixas, envases, tapóns, botóns, lazos, las, teas, xoguetes vellos, roupa, ...- aportados polos propios nenos e nenas e mailo profesorado.
Os nenos seleccionaron os materiais, debuxaron, pintaron, recortaron, pegaron, ...e elaboraron de maneira individual un ser fantástico do mundo animal ao que lle puxeron un nome.
A continuación cubriron unha " Ficha de Zooloxía mundial" cos seguintes datos:
Cómo se chama?
A qué familia pertence?
De onde vén?
Cal é o seu hábitat?
Qué come?
Breve descrición do seu comportamento (manías, historia, lendas, cousas que lle gustan,...)
Esta actividade lúdica e creativa pode servir para que os nenos e nenas constrúan os seus propios xoguetes e inventen e creen novos contos e historias con personaxes fantásticos.
Tamén con materiais de refugallo, o alumnado de Infantil, coa axuda dos mestres, intentaron facer adornos para colgar nun trebello feito con paus e la.
A actividade matívonos entretidos toda a mañá.
Ningún comentario:
Publicar un comentario