O venres 26 de maio o alumnado de Educación Infantil, xunto cos seus mestres e mestras puido realizar o ROTEIRO DE LOURENZÁ adicado a Francisco Fernández del Riego. Viaxaron en autobús ata a vila. Aprenderon sobre a vida de Don Paco paseando polas rúas da súa infancia e viron a fachada da casa onde naceu.
Visitaron o recuncho das argalladas, un espazo lúdico cheo de xoguetes tradicionais: DON PACO PÍCARO ARGALLEIRO.
Puideron entrar no Centro de interpretación da faba e visitar "o sartego" no mosteiro de San Salvador.
Asemade, convertéronse por un tempiño en peregrinos facendo un pedaciño do Camiño Norte que pasa polo pobo, recalando no albergue ao que puideron entrar.
Remataron a xornada co xantar na vila e con xogo libre.
Un día moi ben aproveitado.
Grazas a Justi, guía, pola súa axuda y colaboración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario