Despois de participar na carreira solidaria contra a leucemia infantil, propúxose a lectura en sexto do libro "Sadako y las mil grullas de papel". Nel leron que en Xapón existe unha lenda que se fas mil grúas de papel cúraste da devandita enfermidade.
Foron os nenos os que decidiron emprender esta iniciativa coa finalidade de conseguir as 1000 grúas e adicarllas a nosa mestra, que padece esta enfermidade.
Mirade o que imos conseguindo:
Fotos da noticia no xornal O Progreso
Ningún comentario:
Publicar un comentario