Con motivo do DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE, elaboramos un mural no que participou todo o alumnado do cole decorando cadansúa bolboreta, baixo o eslogán "Diferentes no seu voo pero co mesmo dereito a voar". Seguidamente o alumnado de 5º e 6º de Primaria foron polas aulas contarlles uns contos aos nenos e proxectarlles unhas curtas relacionadas coa Discapacidade.
Finalmente Marisol Bravos, mestra xubilada e persoa con discapacidade, veu dar unha charla ao alumnado de 5º e 6º.
Unhas exalumnas e unha nai de Alfoz, colexio onde ela exerceu varios anos, enviáronlle dous videos de agradecemento pola súa amabilidade, atención, cariño, dedicación, bo facer...
Marisol publicou no seu Facebook o agradecemento ao cole polo emotivo día. Grazas, Marisol!
Quedamos encantados.
VIDEO: DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE
Ningún comentario:
Publicar un comentario