Como non... os nosos "axudantes de biblioteca" sumáronse ás actividades realizadas no centro para visibilizar o papel da muller na sociedade.
Neste caso, a proposta foi a busca de información sobre unha muller que fose pioneira no seu tempo realizando algunha actividade considerada "de homes". Buscabamos mulleres cercanas, de Foz ou dos seus lugares de orixe, centrando así o traballo no contexto do noso proxecto de centro "Foz, xente de aquí e de acolá".
Coa información recompilada, elaboramos un panel para xogar cos escornabots. A través de dous códigos QR que atoparemos no panel accederemos á información achegada polos axudantes sobre as diferentes mulleres e ás preguntas que responderán levando o escornabot á casilla correspondente.
Esperamos que disfrutedes moito con esta actividade!
ENLACE AO TRABALLO INFORMATIVO
Ningún comentario:
Publicar un comentario