12/01/2020

ROBÓTICA DESENCHUFADA

 E así empezamos a traballar co noso "Espazo Maker"... nun ano marcado polo protocolo Covid, no que a imposibilidade de poder compartir, realizar traballos en grupo, manipular os diferentes materiais se fai moi dificil e nos leva a reinventarnos creando novas estratexias para que a aprendizaxe siga adiante.

O curso comezou con "robótica desenchufada", unha metodoloxía de traballo que nos permite coñecer o mecanismo de codificación dun robot sinxelo.

Agora que xa aprendemos e entendemos como se codifica o movemento dun robot, realizamos diferentes retos programando os escornabots que temos na biblio.

Aí van unhas imaxes do proceso:















Ningún comentario:

Publicar un comentario