12/19/2020

GUÍA DE LECTURA PARA O NADAL

 Aí van as recomendacións para estas vacacións, esperamos que disfrutedes moito con elas!


GUÍA DE LECTURA Nadal 2020 de Bibliochicharrón Foz

12/01/2020

OBRADOIRO DE RADIO NA BIBLIO

 O pasado luns 30 de novembro, os nosos colaboradores de biblioteca de quinto e sexto de primaria, realizaron un obradoiro de radio que nos conceden pola participación no programa "Radio na biblio" dentro do contexto do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia.

O obradoiro foi impartido por Lucía Abarrategui (licenciada en Comunicación Audiovisual) e Sergio Pascual (licenciado en Xornalismo).

Con eles realizamos diferentes actividades relacionadas coa respiración, vocalización, dicción... e preparamos unha gravación con efectos de son.

Aquí vai o resultado:

GRAVACIÓN 5º - GRUPO BIBLIOTECA

GRAVACIÓN 5º - GRUPO SALÓN ACTOS

GRAVACIÓN 6º - GRUPO BIBLIOTECA

GRAVACIÓN 6º - GRUPO SALÓN ACTOS

 









































ROBÓTICA DESENCHUFADA

 E así empezamos a traballar co noso "Espazo Maker"... nun ano marcado polo protocolo Covid, no que a imposibilidade de poder compartir, realizar traballos en grupo, manipular os diferentes materiais se fai moi dificil e nos leva a reinventarnos creando novas estratexias para que a aprendizaxe siga adiante.

O curso comezou con "robótica desenchufada", unha metodoloxía de traballo que nos permite coñecer o mecanismo de codificación dun robot sinxelo.

Agora que xa aprendemos e entendemos como se codifica o movemento dun robot, realizamos diferentes retos programando os escornabots que temos na biblio.

Aí van unhas imaxes do proceso:















PREPARANDO PROGRAMAS EN DIRECTO...

 Os nosos colaboradores de "Radio na biblio" xa pasaron polo laboratorio de radio, para preparar os programas en directo e amenizar aos seus compañeiros e mestres no tempo de recreo.















DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 O pasado 25 de novembro, conmemoramos no cole esta data tan sinalada dun xeito moi singular... 

Unha entrada diferente esperaba ao noso alumnado, sorprendéndoos co reparto por parte dos seus mestres, dunhas mans moradas que fixeran dias anteriores. Todo isto estivo acompañado dunha música relacionada co acto. 

Fixemos vídeos, fotos... e coa axuda dos nosos "axudantes de biblioteca" de quinto de primaria que se encargaron da recollida de información documental, elaboramos este traballo cós momentos vividos.