11/29/2019

DÍA DA INFANCIA

O pasado 20 de novembro celebramos no noso cole O Día da Infancia, un día adicado a todos os nenos e nenas do mundo. O alumnado de cuarto de primaria foi os encargado de coordinar esta actividade. Comezaron coa proxección dun vídeo onde recordaron os nosos dereitos fundamentais e organizaron un obradoiro de papiroflexia. Repartiron os distintos cursos e en grupiños fixeron de monitores. Os traballos realizados foron:
 
Infantil 3 e 4 anos: “O canciño protector”
Infantil 5 anos: “O coello xoguetón”
1º e 2º Primaria: “O comecocos dos dereitos”
3º Primaria: “A ra saltarina”
5º Primaria: “O globo dos nenos”
6º Primaria: “A pomba solidaria”

Finalmente, todos e todas xuntos, cantamos e escenificamos unha canción.





























Ningún comentario:

Publicar un comentario