O venres 29 de novembro, o alumnado de 5º e 6º de Primaria recibiron a visita de varias mulleres residentes na "Residencia e centro de día de Foz" xestionada por IDEA. Contáronlles os traballos que desempeñaron durante toda a súa vida.
Esta actividade entra dentro do proxecto "Educar en igualdade. A igualdade apréndese" promovido en xuño de 2019 pola ANPA do Centro e financiado pola "Secretaría Xeral de Igualdade".
11/29/2019
TALÍA TEATRO
Esta semana, o alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria, disfrutaron co grupo "Talía teatro" con "Rosa Caramelo e outros contos".
Esta sesión foi organizada pola ANPA do Centro dentro do programa de Igualdade.
Esta sesión foi organizada pola ANPA do Centro dentro do programa de Igualdade.
DÍA DA INFANCIA
O pasado 20 de novembro celebramos no noso cole O
Día da Infancia, un día adicado a todos os nenos e nenas do mundo. O alumnado de
cuarto de primaria foi os encargado de coordinar esta actividade. Comezaron
coa proxección dun vídeo onde recordaron os nosos dereitos fundamentais e
organizaron un obradoiro de papiroflexia. Repartiron os distintos cursos e en
grupiños fixeron de monitores. Os traballos realizados foron:
Infantil 3 e 4 anos: “O canciño protector”
Infantil 5 anos: “O coello xoguetón”
1º e 2º Primaria: “O comecocos dos dereitos”
3º Primaria: “A ra saltarina”
5º Primaria: “O globo dos nenos”
6º Primaria: “A pomba solidaria”
Finalmente, todos e todas xuntos, cantamos e
escenificamos unha canción.
11/27/2019
CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Dende o noso centro queriamos aportar o noso gran de area para visibilizar o problema q sufre a nosa sociedade coa violencia de xénero.
Así, cada titoría, elaborou un mural con lemas, textos, debuxos… dándolle visibilidade e concienciando aos nosos rapaces para, pouco a pouco, conseguir un mundo mellor.
Con todos os traballos realizamos un mural que permanecerá un tempo na entrada do centro. Podedes pasar velo cando queirades!