O CICLO DA AUGA
Durante o primeiro trimestre, na aula de 5º de Primaria, traballaron as diferentes
capas da Terra. Aprenderon que unha delas, a Hidrósfera, forma o conxunto de augas que se atopan no
noso planeta.
Ademáis aprenderon que as podemos atopar nos tres estados:
liquido ( mares, océanos, ríos, lagos, fontes), sólido ( nos polos) e gasoso
(na atmósfera).
Para demostrar experimentalmente o ciclo da auga, prepararon un experimento moi caseiro, o cal ten que ser realizado nun día con bastante sol.
Materiais: Unha cunca grade de cristal, unha cunca pequena de cristal, unha bolsa plástica transparente ou papel film, auga, unha mazá pequena (para exercer o peso).
Procedemento:
- Primeiro metemos a cunca pequena dentro da grande.
- Despois agrégaselle a auga ao tazón grande, ata completar case a altura do tazón pequeno.
- Tápase co papel film todo o tazón, sen que quede ningunha abertura..
- Por último colocamos a mazá no centro da envoltura de bolsa, para darlle forma cóncava, de tal maneira que cando empece a evaporación e empecen a condensase as gotas de agua caian ao recipente pequeno.
- Por
último, colócase o recipiente nun lugar onde lle de
bastante o sol e observaremos como a auga comeza a evaporarse, transformándose posteriormente en pequenas gotas de auga líquida.
Explicación
O
ciclo da auga comeza coa evaporación da auga que se atopa no recipiente
de cristal máis grande e esto representa a auga do mar. A cobertura de
plástico representa a atmosfera.
No noso experimento
podemos observar como a auga ao quentarse co sol, empeza a evaporarse .Os
vapores de auga, ascenden hacia a bolsa plástica e pola forma que lle demos co peso da mazá, o vapor transformado
en agua líquida, vai caendo hacia a cunca pequena que actúa como un recolector
de auga de “choiva”.
Este
experimento do ciclo da auga, permítelles aos nenos e nenas, en primeiro lugar comprender como a agua
circula na natureza e en segundo lugar, para que sepan valorar a auga
como un recurso, que si ben é renovable, debemos de conservalo; porque sabemos
que a auga doce, que é a que bebemos e é utilizada por casi todos os seres vivos
no mundo, existe en moi pequena cantidade.
Para
completar o tema do Ciclo da auga fixemos entre todos unha maqueta.
Fantástico, rapaces!!!
ResponderEliminar