11/27/2018

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro conmemoramos o "Día  Internacional contra a Violencia de Xénero", recordando  o asasinato das irmás Mirabal na República Dominicana.

Os nenos e nenas de 2º de primaria fixeron unha exposición na que nos achegaron os seus pensamentos e sentimentos ao falar dun tema tan complicado e delicado.

 Isto foi o que nos contaron:

Nós, aínda que podemos parecer pequenos e pequenas, non entendemos como un home pode pegar a unha muller ou non respectala.

No que levamos de ano no noso país morreron... mulleres asasinadas polas súas parellas.

O día 27 de setembro, en menos de 8 horas, morreron 4 mulleres en España.

Chamábanse Nerea, Nuria, Martina e Maguette.

Dúas mulleres e dúas nenas asasinadas por homes.

Isto é insoportable!

Basta xa!

As mulleres non son cousas!

As mulleres non pertencen a ninguén!

O amor non doe!

Os homes teñen que aprender isto dende pequenos.

Súas nais, seus pais, os colexios e a sociedade, deben educalos no respecto á muller.

Nin unha muller menos neste planeta polos actos dun home machista.

Por Nerea, Nuria, Martina e Maguette...

Por todas as que xa non teñen a posibilidade de amar, ver un atardecer, probar os anacardos, sentir a brisa do mar, visitar París...

E por todas as que xa non teñen vida!

Por todas , imos conseguilo!









Ningún comentario:

Publicar un comentario