5/23/2018

LETRAS GALEGAS 2018


Un ano máis conmemoramos no centro o día das Letras Galegas, adicadas a María Victoria Moreno, onde cada curso do centro preparou unha peciña de teatro.

As actuacións deste ano foron as seguintes: 

- 4º de Infantil: O alumnado de infantil escenificou unha peza titulada "plátanos" na que atopamos na selva a elefantes, monos...
- 5º de Infantil: representaron a obra “A gota viaxeira” na que unha gota fai unha viaxe moi apaixoante. 
- 6º de Infantil:  Os mociños e mociñas de 4 anos interpretaron a peciña de teatro titulada “A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo…”. Esta é unha toupiña que se atopa con algo…e quería saber quen era o responsable daquilo. Pode pasarlle a calquera , pero un día…..
- 1º de Primaria: representaron a obra “Nubiña Pascual” de Inmaculada Díaz.
Trata dunhas nubes que cren que aínda non chegou o inverno e lévanse unha desagradable sorpresa.
A continuación, agasalláronnos coa canción titulada “Meu mundo é…” de Paco Nogueiras que trata de cousas boas no mundo.
- 2º de Primaria: representaron a obra "A ratiña presumida". Con ela o alumnado deste curso achegounos á literatura popular con unha excelente escenifícación.
- 3º de Primaria: interpretaron unha adaptación de Manuel María, titulada “Non é tan fero o lobo como o pintan”.
- 4º de Primaria: A clase de cuarto de primaria festexou o Día das Letras Galegas  organizando unha “Visita ao museo de cera”onde se aatopan escritores e escritoras homenaxeados nesta data.
Soa ben, verdade ??????  Esta visita ten sorpresa!!!!!!!!!
- 5º de Primaria: Escoitastes algunha vez aquilo de "Cambiouche ben o conto!" Pois diso tratou a obra destes nenos: do conto de Carapuchiña Vermella pero un pouco cambiado.
O lobo, lonxe de asustar inspira tenrura, a nena e ben espabilada e a avoa...
- 6º de Primaria: O alumnado de sexto de Primaria, representaron un musical chamado "Grease" (graxa). 










































Ningún comentario:

Publicar un comentario