A Concellalía de Cultura do Concello de Foz invitou ao alumnado de 5º e 6º dos cinco CEIP´s, á interpretación teatral "Leonardo e os fontaneiros" de María Victoria Moreno, a cargo do grupo Ubú teatro, para conmemorar as Letras Galegas.
5/25/2018
5/23/2018
LETRAS GALEGAS 2018
Un ano máis conmemoramos no centro o día das Letras Galegas, adicadas a María Victoria Moreno, onde cada curso do centro preparou unha peciña de teatro.
As actuacións deste ano foron as seguintes:
- 4º de Infantil: O alumnado de infantil escenificou unha peza titulada "plátanos" na que atopamos na selva a elefantes, monos...
- 5º de Infantil: representaron a obra “A gota viaxeira” na que unha gota fai unha viaxe
moi apaixoante.
- 6º de Infantil: Os mociños e
mociñas de 4 anos interpretaron a
peciña de teatro titulada “A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo…”.
Esta é unha toupiña que se atopa con algo…e quería saber quen era o responsable
daquilo. Pode pasarlle a
calquera , pero un día…..
- 1º de Primaria: representaron a obra “Nubiña Pascual” de Inmaculada Díaz.
Trata dunhas
nubes que cren que aínda non chegou o inverno e lévanse unha desagradable
sorpresa.
A continuación, agasalláronnos coa canción titulada “Meu mundo é…” de Paco Nogueiras que
trata de cousas boas no mundo.
- 2º de Primaria: representaron a obra "A ratiña presumida". Con ela o alumnado deste curso achegounos á literatura popular con unha excelente escenifícación.
- 2º de Primaria: representaron a obra "A ratiña presumida". Con ela o alumnado deste curso achegounos á literatura popular con unha excelente escenifícación.
- 3º de Primaria: interpretaron unha adaptación de Manuel María, titulada
“Non é tan fero o lobo como o pintan”.
- 4º de Primaria: A clase de
cuarto de primaria festexou o Día das Letras Galegas organizando
unha “Visita ao museo de cera”onde se aatopan escritores e escritoras
homenaxeados nesta data.
Soa ben, verdade
?????? Esta visita ten sorpresa!!!!!!!!!
- 5º de Primaria: Escoitastes algunha vez aquilo de "Cambiouche ben o conto!" Pois diso tratou a obra destes nenos: do conto de Carapuchiña Vermella pero un pouco cambiado.
O lobo, lonxe de asustar inspira tenrura, a nena e ben espabilada e a avoa...
- 6º de Primaria: O alumnado de sexto de Primaria, representaron un musical chamado "Grease" (graxa).
5/03/2018
DÍA DO LIBRO
O pasado 23 de abril, conmemoramos no Centro "O Día Internaciónal do Libro". Como ven sendo habitual, realizamos os "Apadriñamentos Lectores", onde o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria "apadriñou" a un neno (en algún caso dous) para lerlle un conto.
Á cuarta sesión da mañá, cada padriño foi buscar ao seu afillado á aula para levalo a un rincón do patio e lerlle o seu conto. Os afillados agasallaron aos seus padriños cuns marcapáxinas elaborados por eles.
Despois disto xogaron polo patio.
Á cuarta sesión da mañá, cada padriño foi buscar ao seu afillado á aula para levalo a un rincón do patio e lerlle o seu conto. Os afillados agasallaron aos seus padriños cuns marcapáxinas elaborados por eles.
Despois disto xogaron polo patio.
Resultou unha actividade moi entrañable!