10/30/2017

III SAMAÍN NO CEIP DE FOZ NÚMERO 1

Como en anos anteriores, o pasado xoves 19 de outubro, celebramos no cole, en colaboración coa ANPA, "O Samaín".

O programa foi o seguinte, a partir das 18:30h. :

  • Xuntanza no pavillón deportivo do Centro.
  • " Bruxa" animadora, realizando diversos xogos.
  • Preparación para a saída.
  • Desfile polas rúas de Foz da "III Santa Compaña Infantil".
  • Cea dos rapaces que pernoctaron no centro.
  • Baile de "Bruxas" do Feitizo e brevaxe de meigas.
  • Xogo libre no pavillón.
  • Historias de medo no ximnasio.
  • Acampada no ximnasio.
  • Recollida do material empregado para durmir.
  • Almorzo no comedor a cargo da ANPA e do CEIP.
  • Incorporación ás clases rutinarias.
A actividade segue gustando moito, polo que vos esperamos o vindeiro curso.



















10/25/2017

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Onte, día 24 de outubro, abrimos as portas da nosa biblioteca para festexar o día das Bibliotecas Escolares.
 
Sabedes  por que se celebra nesta data? 

Pois para recordar que no ano 1992, durante unha guerra que tivo lugar nos Balcáns, incendiouse e destruiuse a Biblioteca de Saraxevo e con ela o acceso á cultura de moitas persoas.
Nós quixemos rendir unha pequena homenaxe ás bibliotecas para que vos deades conta dos tesouros que agochan, do valor que teñen  e animarvos a que rebusquedes nos rincóns máis escondidos onde seguro ides atopar un libro que vos encantará.
A biblioteca tamén é un lugar de encontro e socialización. Nós, os nenos e nenas axudantes  de biblioteca de 6º, queremos amosarvos o poder da amizade e a ensinanza que se pode extraer dun libro. 

O conto dramatizado foi: “Pequeno Azul e Pequeno Amarelo”.










9/11/2017

INICIO DE CURSO 2017/2018

Comeza xa un novo curso escolar, con novas ideas, novos proxectos, novos axudantes de biblioteca e moitas viaxes imaxinarias!!!




"A Biblioteca é un lugar de libros e amigos". 
Sede benvidos. Feliz estancia, felices lecturas e feliz curso en xeral.
Esperamos vervos con asiduidade.

O Equipo de Biblioteca.

TEATRO PAIS - FIN DE CURSO

Un curso máis, un grupo de pais voluntarios, brindáronse a preparar a obra "Xogando con gatos" de Antón Cortizas.
Representámola o día 21 de xuño en dous pases, un pase matinal para o alumnado e profesorado do centro e outro as 19:00 aberto a todo o público que quixese asistir.
Como novidade a música da obra foi interpretada en directo por alumnado do centro dirixido pola mestra de música.
Tamén tivemos o pracer de contar coa visita do autor, "Antón Cortizas". Realizou diversas actividades cos alumnos de 4º, 5º e 6º e asistíu á representación da súa obra.






A RUTA PARDO DE CELA

O xoves 25 de maio de 2017, os alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria foron convidados polo Concello de Foz a asistir a un acto á Frouxeira, xunto co alumnado doutros colexios do Concello.
Alí, un grupo de teatro representou pasaxes da vida do mariscal Pardo de Cela; tales como a traizón por parte do xefe da súa garda, o seu prendemento e a súa posterior decapitación.
Tamén recitaron o poema anónimo "Pranto da Frouxeira" e interpretáronse cancións de diferentes autores galegos.



9/07/2017

SEMANA DO TEATRO POLAS LETRAS GALEGAS

A piques de comezar o curso 2017/2018 queriamos completar o blog para compartir con vós as actividades realizadas nos meses de maio e xuño.

Para conmemorar "As letras galegas", como de costume, realizáronse diferentes actuacións por cursos.

As representacións foron as seguintes:
 - 4º de Educación Infantil: canción "Dime que fixeches" de Migallas.
- 5º de Educación Infantil: canción "Fun ao mercado".
 - 6º de Educación Infantil A: "Nin un mago máis".
 - 6º de Educación Infantil B: "Brancaneves".
- 1º de Educación Primaria: "O caracol Cardiño".
 - 2º de Educación Primaria: "Un conto interrompido".
 - 3º de Educación Primaria: "Manolito e o mono".
- 4º de Educación Primaria: "A consulta do doutor".
 - 5º de Educación Primaria: "Mamma mía".
- 6º de Educación Primaria: "Shakespire in love".
- O alumnado de 6º de Primaria elaborou a presentación sobre o autor homenaxeado "Carlos Casares" para darllo a coñecer á Comunidade Educativa.

GALERÍA FOTOGRÁFICA 

5/05/2017

DÍA DO LIBRO

Este curso, para conmemorar o día do libro, fixemos dúas actividades moi interesantes, éstas realizáronse a partir das 12 da mañá no salón de actos e continuamos utilizando os exteriores, pasillos, biblioteca do centro...
  • TEATRO EN INGLÉS: O alumnado de terceiro, dirixidos pola profe e a auxiliar de conversa, escenificaron a peciña de teatro "The emperor´s new clothes".
  • APADRIÑAMENTOS LECTORES: Coma todos os anos, os rapaces de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, apadriñaron a os nenos de infantil, 1º e 2º de primaria para lerlles contos. Despois das lecturas xogaron xuntos todo o alumnado do centro.