Onte, día 24 de outubro, abrimos as portas da nosa biblioteca para festexar o día das Bibliotecas Escolares.
Sabedes por
que se celebra nesta data?
Pois para
recordar que no ano 1992, durante unha guerra que tivo lugar nos Balcáns,
incendiouse e destruiuse a Biblioteca de Saraxevo e con ela o acceso á cultura
de moitas persoas.
Nós quixemos rendir unha pequena homenaxe ás bibliotecas para que vos deades conta
dos tesouros que agochan, do valor que teñen
e animarvos a que rebusquedes nos rincóns máis escondidos onde seguro
ides atopar un libro que vos encantará.
A biblioteca tamén é un lugar de encontro e socialización. Nós, os nenos e
nenas axudantes de biblioteca de 6º,
queremos amosarvos o poder da amizade e a ensinanza que se pode extraer dun
libro.
O conto dramatizado foi: “Pequeno
Azul e Pequeno Amarelo”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario