1/30/2017

DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA E DA PAZ



Un ano máis, o trinta de xaneiro, celebramos o día internacional da paz e non violencia.
Este curso correspondeulles aos alumnos de Educación Infantil a súa preparación e a exposición para todos nós. 

Sabedes por qué celebramos o 30 de xaneiro o día escolar da non violencia e da paz?  

Dende 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, celebramos este día, para recordar a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humáns, a non violencia e a paz.

As actuacións foron as seguintes: 

  • Educación Infantil de 3 e 4 anos, deleitaronnos coa canción "Cantarela dos nenos".
  • Educación Infantil de 5 anos, elaboraron un noticieiro pola paz.
  • Todo o alumnado de Infantil cantaron a canción "Tu enemigo" de Juanes e Pablo López. 


Despois da actuación do alumnado de Infantil, todos cantamos unha canción adicada ao pobo sirio devastado pola guerra e obrigado a fuxir das súas casas e vagar polo mundo. 



















 

Ningún comentario:

Publicar un comentario