Así, o pasado 27 de outubro, participaron un total de 60 rapaces que acompañados por mestres, pais e nais desfilamos dende o centro ao Campo da Cabana.
A nosa intención é ensinarlles aos nenos as nosas tradicións e tamén así perder o medo a todo aquilo que lles é descoñecido.
A xornada transcurriu do seguinte xeito:
- Ás 18:30 h., xuntanza no centro.
- De 19:30 a 20:00 h., actuación do "Mago Antón".
- De 20:00 a 21:00 h, Procesión da "Santa Compaña Infantil", co seguinte itinerario:
- Saída do centro pola Rúa Eduardo Pondal e baixada pola Rúa Noriega Varela ata o Campo da Cabana".
- Volta ao centro pola Rúa Irmandiños e a Rúa Salvador de Madariaga.
- Ás 21:00 h, recollida dos alumnos que non fai noite no centro.
- De 21:00 a 22:00 h, cea.
- A partir das 22:00 h, realizáronse as seguintes actividades:
- Acutación do grupo folklórico - cultural "O Feitizo".
- Elaboración do "brevaxe de bruxas", coa actuación do "Mago Merliño e o seu axudante o científico loco". (Actuación realizada por dous pais do centro).
- Xogo libre no pavillón.
- Finalmente.. dulces soños no ximnasio.
- De 8:00 a 9:00 h, Almorzo no centro e subida á aula.
Ningún comentario:
Publicar un comentario