11/03/2016

FORMACIÓN DE USUARIOS - CURSO 16/17

E chegou o momento!!!!  Que atareados estivemos nestes primeiros meses!! Canto botabamos de menos a nosa biblio!!!

Por fin podemos mostrarvos as fotos de todas as actividades que fixemos dende o principio deste curso escolar.

Por suposto comezamos, nas primeiras semanas de setembro, coa visita por cursos de primaria, para facer as primeiras sesións de formación de usuarios dirixidas polas encargadas da biblioteca.
Durante dúas semanas realizamos ditas sesións do seguinte xeito:

- 1º e 2º curso de primaria:
  • Lectura do conto "O dragón que cambiaba de conto cada vez que esbirraba".
  • Organización da biblioteca. Formación básica de usuarios.
  • Utilización dos "Marca - espazos".
  • Normas da biblioteca.
- 3º e 4º curso de primaria:
  • Organización da biblioteca. Formación de usuarios.
  • Recordamos o uso dos "Marca - espazos" así como a renovación dos de 3º curso.
  • Normas da biblioteca.
- 5º e 6º curso de primaria.
  • Organización da biblioteca. Formación de usuarios.
  • Recordamos o uso dos "Marca - espazos" así como a renovación dos de 5º curso.
  • Normas da biblioteca.
  • Convocatoria de "Axudantes de Biblioteca". 







Ningún comentario:

Publicar un comentario