11/28/2016

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este curso foron os rapaces de quinto e sexto de Primaria os que investigaron, elaboraron e expuxeron para todo alumnado e profesorado do centro.
Conmemoramos dita data o pasado 25 de novembro, na biblioteca, co seguinte programa:

  •  Exposición bibliográfica de materiais para utilizar relacionados co tema, con carteis envíados pola Asistencia Social do Concello.
  • ALUMNADO DE QUINTO:
    • Lectura de murais en forma de corazón con frases e debuxos alusivos ao tema, con música de fondo de Bryan Adams e Paco de Lucía "To really love a woman".
    • Coreografía de alumnas coa canción "Imagine" de John Lennon.
    • Danza por grupos da canción "I will survive" de Gloria Gaynor, participando todo o curso.
  • ALUMNADO DE SEXTO:
    • Definición do termo "Violencia de Xénero".
    • Breve referencia ás irmás Mirabal e explicación de por qué se elixiu ese día (25 de novembro).
    • Distintos tipos de violencia de xénero e breve dramatización de cada un deles: física, psicolóxica, social, económica e sexual.
    • Referencia ao 016 como teléfono de axuda.
    • Exposición de carteis con mensaxes alusivas ao tema.
    • Posta en escea das cancións de Bebe e Huecco.
  • Exposición na entrada do centro dos murais elaborados para o acto conmemorativo.








































Ningún comentario:

Publicar un comentario