Conmemoramos dita data o pasado 25 de novembro, na biblioteca, co seguinte programa:
- Exposición bibliográfica de materiais para utilizar relacionados co tema, con carteis envíados pola Asistencia Social do Concello.
- ALUMNADO DE QUINTO:
- Lectura de murais en forma de corazón con frases e debuxos alusivos ao tema, con música de fondo de Bryan Adams e Paco de Lucía "To really love a woman".
- Coreografía de alumnas coa canción "Imagine" de John Lennon.
- Danza por grupos da canción "I will survive" de Gloria Gaynor, participando todo o curso.
- ALUMNADO DE SEXTO:
- Definición do termo "Violencia de Xénero".
- Breve referencia ás irmás Mirabal e explicación de por qué se elixiu ese día (25 de novembro).
- Distintos tipos de violencia de xénero e breve dramatización de cada un deles: física, psicolóxica, social, económica e sexual.
- Referencia ao 016 como teléfono de axuda.
- Exposición de carteis con mensaxes alusivas ao tema.
- Posta en escea das cancións de Bebe e Huecco.
- Exposición na entrada do centro dos murais elaborados para o acto conmemorativo.