Este ano, para despedir o segundo trimestre, tivemos unhas sesións moi especiais na biblioteca organizadas por Javier Agrelo, pai dunha nena de 5º de primaira que voluntariamente quixo preparar unhas exposicións sobre como se poden contar historias a través da música.
Os nenos de infantil e primeiro ciclo de primaria escoitaron e viron imaxes relacionadas e cortos de animación das obras "O entroido dos animais" de Camile Saint - Saëns, "O quebranoces" de Tchaikovski, "Concerto para piano Nº 2 - 1º movemento - allegro" de Dimitri Shostakovitch. Tamén escoitaron as bandas sonoras das películas "Piratas do caribe" e "O señor dos aneis".
Os nenos de 2º e 3º ciclo de primaria o fixeron coas seguintes pezas: "Scheherazade - 2º movemento da fantástica historia do príncipe Kalender" de Rimski Korsakov, "A Cabalgata das Walkirias" de Richard Wagner, "Peer Gynt, na gruta do rei da montaña" de Edvard Grieg e as bandas sonoras de "Piratas do Caribe" e "O Señor dos Aneis".
Ningún comentario:
Publicar un comentario