O día contra a violencia de xénero, todo o cole se sorprendeu ao baixar ao recreo e atopar as novas que trouxeron da casa, nunha exposición moi peculiar.
Tamén comezamos coa "Hora de Ler", no que cada grupo, de 2º e 3º ciclo adican un tempo na clase a ler un pouquiño individualmente.
Empezamos a formar clubes de lectura nas sesións de biblioteca, cos que seguiremos no segundo trimestre.
Tivemos moitas sorpresas, a chegada dos ordenadores, novos libros...
Ningún comentario:
Publicar un comentario