4/17/2026

EXPERIMENTOS

Os alumnos de 5º e 6º están estudando en Naturais a masa e o volume, aproveitaron para facer uns experimentos sinxelos na clase e quixeron compartilos con nós.

Animádesvos a probar algún diferente na casa? 








4/08/2026

LECTURAS COMPARTIDAS

Hoxe tocoulles a quenda a Aldara e Roma de 4º de Primaria que contaron a historia de "Arco da lúa" á rapazada de Infantil, na Hora de ler.

Gusta moito, tanto contar coma escoitar e interactuar.





Ao alumnado de 6º de Primaria, colaborador da biblioteca, encántalle compartir contos con outros cursos. Desta vez son Luca e Roi os que foron a 5º de Primaria co conto "Marisela e o roxo".

Quedaron encantados




Durante a semana do 23 de marzo e o 7 de abril, na Hora de ler, dúas nenas de 4º de Primaria, Jimena e Vera, agasallaron ao alumnado de Infantil e 1º Ciclo co conto "Facer dedo".

GUSTOU MOITO A TODAS AS PARTES!!!!