5/15/2024

EXCURSIÓN A A CORUÑA

 O día 3 de maio, a rapazada de 1º e 2º de Primaria foi de excursión a A Coruña.

Iniciaron o programa no Acuarium Finisterrae e, aproveitando o seu comedor con vistas ao mar, xantaron alí.

Pola tarde foron xogar ao parque de Santa Margarita e seguidamente entraron á Casa das Ciencias, onde interactuaron con multitude de aparellos. Alí visitaron o Planetario e visualizaron unha peli relacionada co Universo e o coidado da natureza.

E, para finalizar, merendaron antes de saír.

Gozaron un montón. 

 

 
















ESCENIFICACIÓN NA CASA DA CULTURA

 A Biblioteca Municipal invitou, o día 14 de maio, na casa da cultura, ao noso alumnado de 2º e 3º de Primaria a unha escenificación sobre a vida e obra de Luísa Villalta, escritora homenaxeada no día das Letras Galegas.

Moitas grazas.






5/14/2024

VISITA DE ANTÍA YÁÑEZ RODRÍGUEZ

O 13 de maio visitounos Antía Yáñez Rodríguez, escritora de Burela. Compartiu co alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria unha sesión moi interesante. Leron o seu libro "Plan de rescate". Expuxeron os xeniais lapbooks elaborados, fixéronlle preguntas, conversaron e asinoulles os libros.

Gustoulles charlar con ela.

 

 



 
 










 

5/13/2024

VISITA Á ESCOLA INFANTIL GALIÑA AZUL

 O xoves 9 de maio o alumnado de 6º de Primaria visitou á rapazada da Escola Infantil. Alí xogaron, contaron contos, merendaron e compartiron actividades en grupos de 4 ou 5 persoas, rotando polos distintos espazos.

Foi un pracer visitalos e grazas por tan boa acollida.

 
















 


5/09/2024

MERCAINCLUSIÓN NO IES DE FOZ

 O dia 7 de maio, o alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil visitou o IES de Foz para ver e participar no "supermercado", "Merca Inclusión", elaborado polo alumnado da Aula Específica.

Realizaron actividades lúdicas de compra, venda e reciclado de materiais.

Foi un pracer que nos convidaran e participar na actividade.

Grazas a estos rapaces e aos seus profes.


VISITA IES de Bibliochicharrón Foz

5/07/2024

COÑEZO E COIDO A CONTORNA: A APICULTURA

 O alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria traballaron unha parte do PDI anual "Coñezo e coido a contorna" adicado ás abellas e a todo o que as rodea: "A apicultura".

 

  • Solicitouse a colaboración das familias para que aportaran todo tipo de materiais tanto necesarios para traballar coas abellas como bibliográficos. Todo o aportado expúxose no recibidor do colexio tanto para ser visibilizado, como para traballar con el nas aulas.

  • O alumnado realizou pequenos proxectos de aula.
  • Para rematar o Proxecto, completouse a exposición inicial cos traballos realizados nas aulas.

A APICULTURA de Bibliochicharrón Foz

Todos os nenos e nenas pasaron pola exposición, ben sos ou acompañados polos seus mestres.

Gustounos moito, noraboa aos participantes.

Hoxe, 8 de maio, visitounos Beatriz do Consello Regulador Indicación Xeográfica Protexida "Mel de Galicia" para darlles unha charla ao alumnado de Primaria sobre a apicucultura. Trouxo varios materias necesarios nesta actividade e agasallos para cada neno: mel e bolsiñas.

 






E se queredes saber algo máis deste consello regulador éste é o enlace:

Mel de Galicia