10/28/2024

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 O 24 de outubro, no cole, despois do recreo, celebramos O Día das Bibliotecas Escolares con varias actividades.

Elaboramos murais para os dous edificios e os Axudantes de biblioteca, repartidos en catro grupos, organizaron actividades por Ciclos:

  • A Educación Infantil contáronlles uns contos, reunidos no recibidor do seu edificio.
  • A 1º Ciclo reunírono na biblioteca para contarlles contos e facerlles unha "Búsqueda do tesouro".
  • A 2º Ciclo fixéronlles unha "Búsqueda do tesouro" e contáronlles un conto.
  • O alumnado de 5º deseñou e elaborou chapas conmemorativas para cada neno e nena do cole. 
  • Seis alumnos e alumnas de 5º prepararon un "Teatro lido" e escenificárono para os seus compañeiros e para o alumnado de 6º. 
  • A continuación de cada actividade pasaron pola biblioteca para mostrárllela de novo e invitalos a usala nos recreos ou en calquera outra sesión do horario lectivo. Os rapaces de 5º ían agasallándoos con cadansúa chapa que eles deseñaron.
  • Entregáronse as "mochilas" e "bolsiñas viaxeiras" a cada curso.

 Foi un gran día.