12/22/2023

APRENDENDO SOBRE A EMIGRACIÓN

O xoves, 21 de decembro, visitounos Samba. Él é un membro da ONG "Viraventos" dende a que axudan a persoas inmigrantes. Foi unha xornada moi interesante que tivemos grazas á proposta dende a ANPA.


Tivemos a oportunidade de facer un programa de radio con él e coñecer a realidade das persoas que teñen que emigrar.


Falounos sobre a súa experiencia persoal: deixou Senegal ós 20 anos e instalouse na Coruña. Tivo diversos traballos ,como por exemplo repartidor de pizzas, obreiro... ata chegar ó seu oficio actual: creador de contidos en rede.


Falounos sobre o racismo existente a día de hoxe en España e deixounos claro que a diversidade cultural é UNHA RIQUEZA QUE DEBEMOS APROVEITAR.


 




 

12/20/2023

FESTIVAL DE INVERNO

 Os días 19 ( para o alumnado e profesorado) e 20 (para as familias) de decembro, para despedir o 1º trimestre, tivemos un festival no que actuaron varios cursos coa representación de pezas de teatro e estupendas coreografías.

  • O alumnado de 6º de Infantil deleitounos coa escenificación do conto "Un pouco perdido".
  • Estes nenos e nenas xunto aos de 5º de Infantil cantaron a canción "Buscando a Papá Noel".
  • Os rapaces de 3º e 4º de Primaria representaron a obra de teatro "Foz Deluxo".
  • O alumnado de 5º de Primaria interpretou a obra "Esta consulta é de tolos".

 Noraboa aos nenos, nenas e mestres por facernos pasar unhas sesións tan divertidas.


FESTIVAL PRIMEIRO TRIMESTRE de Bibliochicharrón Foz

 

E tamém decoramos o cole "moi de época":

 

O inverno e o nadal de Bibliochicharrón Foz

 

Boas vacacións e bo ano 2024!!!!!!! 

GUÍA DE LECTURA NADAL 2023

 A continuación podedes ver as recomendacións lectoras para as vacacións de Nadal 2023.

 Agardamos que vos gusten.

Boas vacacións e bo ano novo.

GUÍA DE LECTURA NADAL 2023 de Bibliochicharrón Foz

12/15/2023

VISITA AO MUSEO PROVINCIAL DO MAR

Por xentileza da ANPA, o venres, 15 de decembro, o alumnado de 1º e 2º de Primaria realizou unha visita guiada ao Museo Provincial do Mar de San Cibrao.

Para completar a xornada os rapaces de 1º gozaron dun tempo de lecer no parque e os de 2º pasearon e desprazáronse pola vila ata o faro de Punta Atalaia.

Resultou unha actividade moi interesante, polo seu carácter informativo, lúdico e de fomento da convivencia.

 

 















 

12/05/2023

BANDA DESEÑADA

 O martes 5 de decembro visitounos Cristian F. Caruncho, ilustrador e deseñador de cómics.  Gañador do Premio Castelao de Banda Deseñada, da Deputación de A Coruña, polo seu western dos porcos bravos O día de San Martiño. Os seus traballos están ambientados no Medio Rural, polo que nos resultou adaptado ao noso PDI "Coñece e coida o teu entorno".

Con el, o alumnado de 5º e 6º de Primaria tivo cadanseu obradoiro de hora e media de duración: faloulles do seu traballo, ensinóullelo e deseñaron os seus propios cómics. 

Gustoulles moito.

Esta actividade está relacionada co premio "Voluntariado de lectura Primaria" integrado no programa "Biliotecas escolares solidarias".

 
 





11/26/2023

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Para intentar concienciar ao alumnado no respecto que nos debemos ter como persoas, sexamos mulleres, homes, nenas ou nenos, o venres 24 de novembro conmemoramos O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Que actividades realizamos?:

  • Todo o alumnado: compuxemos dous murais, un para cada edificio, e fixemos unha selección de libros con temática relacionada.
  • Os alumnos de sexto de Primaria: fixeron un traballo de investigación plasmado en tres cartolinas que algúns expuxeron na biblio aos nenos e nenas de 3º, 4º e 5º e outros foron ler contos a Infantil, 1º e 2º de Primaria. Con esa información recadada gravaron un programa de radio.
  • Os rapaces de 5º de Primaria gravaron un video, de guión propio, sobre os distintos tipos de violencia exercida sobre a muller. Proxectárono na biblio a 3º, 4º e 6º de Primaria. Tamén coreografiaron a canción Ni una más de Aitana, bailarona en directo e gravárona para ensinarlla ao resto do alumnado.
  • Infantil: colorearon un gran lazo.
  • O resto do alumnado: traballaron esta temática nas aulas e plasmárono en estupendas exposicións.

 



 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO de Bibliochicharrón Foz

Podcast de Chicharriños nas Ondas, elaborado polo alumnado de sexto de primaria:

 

11/17/2023

COIDA A TÚA CONTORNA

O Concello enviounos o 17 de novembro unha chica da Mancomunidade de Concellos de A Mariña para impartirnos unha formación sobre a recollida separada de biorresiduos.

Os destinatarios foron todos os alumnos de Primaria repartidos en tres quendas, por Ciclos, dunha sesión de duración cada unha.

 










Esta charla foi moi interesante, agora facer unha boa separación de residuos nas familias.

11/10/2023

MAGOSTO E XOGOS

O venres 10 de novembro tivemos o magosto no recreo. Degustamos castañas, que repartimos nas cestiñas ben bonitiñas feitas nas aulas. A continuación gozamos dunha sesión de xogos, repartidos por estacións e organizados polo alumnado de 6º de Primaria.


magosto e xogos de Bibliochicharrón Foz

Foi un día moi agradable.

11/02/2023

OUTONO E SAMAÍN

 Durante o mes de outubro estivemos decorando as aulas e o cole en xeral con motivos outonais. 

Fixéronse tamén exposicións de froitas de tempada en varias aulas.

Rematamos o mes cunha exposición de cabazas, vasoiras e sombreiros decorados aportados polo noso alumnado.


OUTONO E SAMAÍN de Bibliochicharrón Foz

Grazas ás familias pola súa colaboración. 


10/26/2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 O día 25 de outubro conmemoramos no cole O Día das Bibliotecas.

Despois do recreo, todo o alumnado, en dúas quendas, reuniuse na biblioteca.

Nela Claudia e Breo, dous "axudantes", leron a presentación feita polo Equipo, presentaron a biblioteca, invitáronnos a facer uso dela con frecuencia e vimos tres "curtas" relacionadas co Medio Ambiente e co PDI anual.

A continuación vai unha mostra do traballo realizado:

 

DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES de Bibliochicharrón Foz

 

24 de 0utubro: día das bibliotecas de Bibliochicharrón Foz

 

Agardamos que vos gustara.

10/09/2023

COIDA O TEU ENTORNO

 O venres día 6 de outubro o alumnado de Primaria e as súas mestras e mestres participaron na Limpeza Simultánea de Praias, segundo a convocatoria feita por ADEGA. Nós estivemos na Rapadoira. Un técnico de Medio Ambiente deunos unha charla de como separar o lixo correctamente, facilitáronnos bolsas e guantes e recolleron o lixo ao rematarmos.

Este curso imos traballar o Proxecto "Coida o teu entorno" e esta actividade serviu para inicialo e concienciar ao alumnado da necesidade de coñecer, coidar e manter limpo o entorno.

Foi un período de tempo moi agradable.