No seguinte enlace podedes ver como o alumnado de infantil traballa robótica con DOC, un amigo moi especial...
DOC, O NOSO AMIGO ELECTRÓNICO
6/18/2019
DESPEDIDA DA BIBLIOTECA
Rematado o teatro de pais, continuamos coa despedida da biblioteca.
En primeiro lugar demos a coñecer as gañadoras do concurso da Radio Escolar "Poñemos nome á nosa radio".
O xurado, visto o empate que había entre dous nomes, decidíu dar dous premios e que o nome definitivo fose unha mestura de ámbos. Así as premiadas foron:
- Paula López Pérez de 1º de Primaria, co nome: "Don Chicharrón na onda".
- Antía Castro López de 6º de Primaria, co nome: "Chicharriños faladores".
O nome definitivo para a nosa Radio Escolar é...
A continuación, fixemos a máis que merecida despedida dos nosos "Axudantes de Biblioteca". Un por un, foron subindo ao escenario onde recibiron un gran aplauso e un pequeno detalliño pola súa dedicación. Noraboa a todos!!!
Ademáis, o alumnado de sexto, sorprendéronnos a todos cunha emotiva despedida onde cada un deles adicou unhas palabras que nos fixeron chorar.... Desexámosvos moita sorte na nova etapa e non esquezades vir de cando en vez... SORTE!

CHICHARRIÑOS NAS ONDAS!!!!
Parabéns ás dúas polo seu inxenio!!
A continuación, fixemos a máis que merecida despedida dos nosos "Axudantes de Biblioteca". Un por un, foron subindo ao escenario onde recibiron un gran aplauso e un pequeno detalliño pola súa dedicación. Noraboa a todos!!!
Ademáis, o alumnado de sexto, sorprendéronnos a todos cunha emotiva despedida onde cada un deles adicou unhas palabras que nos fixeron chorar.... Desexámosvos moita sorte na nova etapa e non esquezades vir de cando en vez... SORTE!
TEATRO FIN DE CURSO
O pasado venres 14 de xuño, o grupo de teatro formado por nais, pais e mestres do Centro "Deixate de Contos", estrearon a obra "Viva o Teatro!".
Reunímonos todos no pavillón do Centro para disfrutar desta fantástica interpretación, na que puidemos ver un auténtico ensaio de teatro. O director e o seu grupo de alumnos decidiron representar unha obra que conta unha bonita historia de piratas...
Queremos dar as grazas a todos os pais, nais e mestres, que colaboraron para que este grupo de teatro sexa unha realidade... E que...

VIVA O TEATRO!!