E seguindo o proxecto de centro... os nosos rapaces visitaron "A Feira da Ciencia" organizada no IES Galileo Galilei de Navia.
No seguinte enlace podedes ver a actividade:
Web do Centro: Visita á Feira da Ciencia.
3/26/2019
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Nesta ocasión foi o alumnado de 1º de Primaria, o encargado de preparar unha exposición para conmemorar este día.
Coma sempre, reunímnos todo o centro na biblioteca esperando ver que nos tiñan preparado os nosos compañeiros.
En primeiro lugar os alumnos leron diversos textos sobre a orixe e os motivos para escoller a data do 8 de marzo, o significado do lazo morado, as leis universais sobre a igualdade de dereitos entre homes e mulleres, a situación actual das mulleres e das nenas en distintos lugares do mundo e a necesidade de acutar xuntos día a día e dende a infancia, na familia e na escola, para construír unha sociedade igualitaria e xusta.
A continuación dramatizaron o conto "Eu vou comigo" de Raquel Díaz Reguera. esta historia é unha chamada á necesidade de ser nós mesmos, de non cambiar con tal de agradar ao mundo ou a unha persoa en concreto, de querernos e valorarnos tal e como somos, cos nosos defectos e as nosas virtudes.
Seguidamente recitaron o poema "Soños para vivir" de Mónica Inés Varela Gestoso, unha invitación a ler, a gozar da natureza, do amor e da vida.
Por último, e tras agradecerlle ao público - profesorado e alumnado - a súa sistencia, os alumnos pecharon a súa actuación coa canción "Hoy toca ser feliz" de Mago de Oz, animándonos así a crer en nós mesmos e a pensar que podemos conseguir o que queiramos.
Ademaís deste acto, o Equipo de Biblioteca, organizou un photocall na entrada do centro. Días previos á conmemoración, foron pasando todos os cursos para facer unhas fotos moi divertidas. Posteriormente foron pegadas no photocall quedando un precioso mural.
En varias aulas elaboraron diferentes traballos que expuxeron nos corredores do centro.

3/13/2019
ENTROIDO 2019
Como disfrutamos neste Entroido!!!
Seguindo a temática do proxecto de centro (relacionado coa ciencia e a tecnoloxía) decidimos elaborar disfraces de diferentes avances tecnolóxicos ao longo da historia.
No seguinte enlace á web do centro podedes ver as fotos deste día.