O 24 de marzo foi o "Día da árbore". A nosa biblioteca quixo participar na plantación de tres ameneiros que envíaron ao centro. Puxémonos mans á obra e cos nosos axudantes plántamos as árbores na xardineira que a ANPA construíu no noso centro.
Como podedes ver, a xardineira completámola cunhas leitugas. Os nenos de cinco anos viñeron ver o resultado final.
3/27/2017
3/21/2017
O 061 E OS BOLECHAS
A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia escolleu a "Os Bolechas", para mellorar a formación en primeiros auxilios dos escolares.
Os
libros presentados forman parte dunha colección de seis contos nos que
os Bolechas describen como actuar ante aquelas situacións que os máis
pequenos adoitan atopar con maior frecuencia: insolacións e queimaduras
polo sol, hemorraxias polo nariz, picaduras de abellas, trabadas de
animais, feridas con obxectos cortantes e queimaduras. A maiores, esta
serie conta cun caderno didáctico para poder repasar o aprendido e cun
conto no que os Bolechas coñecen o 061 de Galicia facendo unha visita ás
súas instalacións.
Na biblioteca do noso cole recibimos dous lotes destes libros que xa están viaxando polas aulas do centro.
No seguinte enlace, podedes acceder ao formato dixital e disfrutar deles.
3/20/2017
CONTACONTOS ANAYA: IAGO LÓPEZ
A Editorial Anaya, o venres 17 de marzo, obsequiounos, na nosa biblio, con dúas sesións de contacontos para o alumnado de Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria.
O conto escenificado foi "O cociñeiro Martiño". Para a súa posta en escea pediu a colaboración de alumnos volutarios dos diferentes cursos.
O conto escenificado foi "O cociñeiro Martiño". Para a súa posta en escea pediu a colaboración de alumnos volutarios dos diferentes cursos.
Gustoulles moito!
3/14/2017
NOVIDADES NA BIBLIOTECA
No seguinte enlace á sección de biblioteca na web do centro, podes consultar as novidades que temos na bilbioteca.
Sección de novas da biblioteca na web do centro - Novidades marzo 2017
Boas lecturas!!
Sección de novas da biblioteca na web do centro - Novidades marzo 2017
8 DE MARZO - DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Este ano, foron os rapaces de 1º e 2º de primaria, os encargados de agasallarnos cunhas fantásticas actuacións para conmemorar o "Día internacional da muller traballadora".
As actuacións foron as seguintes:
As actuacións foron as seguintes:
- Os nenos de 1º curso léronnos e escenificaron o conto "Maruxa" da editorial OQO.
- Os dous cursos xuntos recitaron unha poesía adicada "á nai".
- Escoitamos das voces dos nenos de 2º curso o conto "A derradeira Cincenta".
- Todos xuntos cantaron a canción "De colores" de Joan Báez.