O martes 24 de abril, saíu publicado na contraportada do xornal "A voz da Mariña" unha nota de prensa onde recollía o teatro de pais e nais celebrado no noso centro (luns 23 de abril) pola conmemoración do "DÍA DO LIBRO".
4/25/2012
DÍA DO LIBRO
O luns, 23 de abril, celebramos no cole "O DÍA DO LIBRO" cunha sesión de teatro moi especial, xa que nela participaron uns grans actores!!. Un grupiño de pais e nais animaronse e traballaron moitísimo (ensaios, decorados, vestiario, música...) para conseguir montar unha obra de teatro "O BELO DURMINTE".
Aos nosos rapaces encantoulles, incluso soubolles a pouco: "profe, xa rematou!! jo, só duro un minuto".
Dende a Biblioteca Escolar queremos darlles as grazas aos pais e nais polo traballo e por deleitarnos a todos cunha obra espectacular.
Preprarándose para a actuación... que nervios!!!!!
E porfín a actuación!!!!!!!!!!!!!!
E por último os nosos alumnos tamén quixeron participar cun teatrillo de guiñol no que as marionetas utilizadas, así como o ensaio da peza, as elaboraron na biblioteca.
FELIZ DÍA DO LIBRO A TODOS E BOAS LECTURAS!!!!!
CONTACONTOS INFANTIL
Os nenos de Educación Infantil, durante o segundo trimestre, pasaron pola biblioteca para escoitar contos e facer actividades relacionadas con eles.
Leímos "Un can e un gato", "A sopa queima", "Contín, contón" e "Sopra neste furadiño".
Leímos "Un can e un gato", "A sopa queima", "Contín, contón" e "Sopra neste furadiño".
"O TEATRO"
No segundo trimestre fixemos distintas actividades na biblioteca para traballar "o teatro", dende improvisacións teatrais (tanto de profes como de alumnos), adaptación de textos ao teatro, creación dun taller de títeres... ata aprender a estructura dunha peza de teatro.
Aqui van unhas mostras de todo o que traballamos!
E tamén tivemos a visita dun ilustrador "Abraham Carreiro" que nos fixo moitos debuxos e ademáis tivemos que debuxar moito...
Aqui van unhas mostras de todo o que traballamos!
E tamén tivemos a visita dun ilustrador "Abraham Carreiro" que nos fixo moitos debuxos e ademáis tivemos que debuxar moito...