FAI CLIC NO SEGUINTE ENLACE PARA VER A GUÍA DE LECTURA PARA AS VACACIÓNS DE NADAL 2011
http://issuu.com/bibliochicharron/docs/gu_a_de_lectura_do_nadal/112/14/2011
OS TRES PORQUIÑOS
Se queredes facer unha actividade lim do conto "Os tres porquiños", facede clic no seguinte enlace:
http://centros.edu.xunta.es/ceip.manuel.fraga/unidades/porcos/los_tres_cerditos.html
http://centros.edu.xunta.es/ceip.manuel.fraga/unidades/porcos/los_tres_cerditos.html
AXUDANTES DE BIBLIOTECA
Como nova neste curso, comezamos coa figura dos "Axudantes de Biblioteca" nos recreos, onde alumnos voluntarios de 5º e 6º colaboran axudando nas tarefas de bibliotecario.
CONTACONTOS INFANTIL
Aquí van algunhas fotos das sesións que adicamos para contarlles contos aos máis pequerrechos do noso cole. Neste trimestre, e baixo o título de "contos clásicos", manexaron distintos contos dos de sempre e lémoslles algún deles. Tamén lles contamos contos actuais que fan referencia a estes clásicos como é o caso de "Troco" (Ed. OQO).
Disfrutade das imáxes!!!
11/25/2011
OS CONTOS CLÁSICOS
Nestas primeiras semanas de sesións de biblioteca adicámolas a aprender un pouco máis sobre os contos clásicos. Durante dúas sesións falamos sobre os contos clásicos e os autores, leímos algún conto, e os rapaces, por grupos, buscaron información sobre un conto clásico e o seu autor, elaboraron unha ficha de recollida da información e lérona na ultima sesión de biblioteca.
Agora quedanos preparar un libro xigante para expoñer os seus traballos.
Agora quedanos preparar un libro xigante para expoñer os seus traballos.
10/11/2011
BENVIDOS AO CURSO 2011 - 2012
HOLA AMIGUIÑOS!!! BENVIDOS AO NOVO CURSO ESCOLAR!
Estiven moi ocupado preparando as actividades para este curso (que seguro vos encantarán) e por iso aínda non puiden escribrir nada.
Como xa sabedes (por que xa vos vin este ano pola biblio) ímos empezar o curso aprendendo moitas cousas sobre os contos clásicos.
Coñecedes algún?, non?, si? Pois... a buscar información!!!! que hai moito que aprender!
DEICA LOGO!
6/21/2011
DESPEDIDA DO CURSO
longo camiño percorremos neste curso, un ano de moito traballo e de moita ilusión no que intentamos mellorar a calidade da nosa biblioteca, onde os rapaces disfrutaron coas actividades, contacontos... nun espazo no que todos traballamos con moita ilusión.
Queremos agradecer o esforzo e apoio mostrado polos mestres, a gratitude e interese dos nosos alumnos e o apoio das familias que tanto colaborarón con nós, fomentando o gusto e goce pola lectura dos seus fillos e dos nosos alumnos (mochilas viaxeiras, bolsiñas de infantil...), e un especial agradecemento aos pais que puideron acudir no día do libro infantil e compartiron este espacio con nós facendo duns contacontos verdadeiramente moi especiais!
A todos vós: pais, nais, avós, alumnos e compañeiros,
MOITAS GRAZAS E BO VERÁN!!!!
5/03/2011
REMATE DO CÓMIC
Para rematar o trimestre do cómic fixemos unhas xornadas de cine, nas que o alumnado máis novo do cole viron cortos de debuxos animados de "Mortadelo e Filemón", e os máis maiores a película "Asterix misión Cleopatra". Foi todo un éxito!!!!
TALLER DO CÓMIC
Todos os alumnos de primaria viñeron á biblioteca para facer un taller de elaboración dun cómic. Démoslles un dosier para comprender as normas de elaboración e logo fixeron unha actividade na que se convertiron en pequenos escritores de cómic elaborando unha pequena historia.
3/23/2011
SESIÓN DE CONTACONTOS PARA OS NENOS DE INFANTIL
Desta volta os nenos e nenas de infantil viñeron á biblioteca a mirar libros e a escoitar o conto de "Antón el ratón". Pasáronno xenial!!!!
VISITA INESPERADA POLO ENTROIDO
MENUDA SORPRESA LEVAMOS!!!!!!!!!!!! ASÍ APARECERON POLA BIBLIOTECA OS NENOS E NENAS DA AULA DE INFANTIL DE 3 ANOS!!!!!!!
VOLVEDE CANDO QUEIRADES RAPACES!!!!!
VISITA DO CONTACONTOS
Neste segundo trimestre veunos visitar un contacontos cargadiño de moitas historias!!!, ata viña acompañado dunha mascota con moitos problemas... recordádelo????
2ª SESIÓN DE PRIMARIA: DEREITOS DOS NENOS
A segunda sesión deste trimestre adícámola aos dereitos do neno, tendo en conta a proximidade das visitas ao día da paz.
Todos traballaron este tema a través de distintas actividades.
Os nenos do terceiro ciclo viron un documental moi interesante, "Binta e a gran idea", sobre a educación nun poboado africano, despois falamos sobre ela e fixeron unha ficha.
Cos nenos do segundo ciclo lemos o libro "Tengo derecho a ser niño", fixemos un posterior coloquio e unha ficha.
No primeiro ciclo lemos o conto da editorial OQO "A guerra dos números" co posterior coloquio e ficha do mesmo.
Todos traballaron este tema a través de distintas actividades.
Os nenos do terceiro ciclo viron un documental moi interesante, "Binta e a gran idea", sobre a educación nun poboado africano, despois falamos sobre ela e fixeron unha ficha.
Cos nenos do segundo ciclo lemos o libro "Tengo derecho a ser niño", fixemos un posterior coloquio e unha ficha.
No primeiro ciclo lemos o conto da editorial OQO "A guerra dos números" co posterior coloquio e ficha do mesmo.
3/16/2011
CATÁSTROFE EN XAPÓN
Pincha no seguinte enlace, movendo o rato do ordenador por encima das fotografías, poderás ver o antes e o despois da catástrofe:
CATÁSTROFE EN XAPÓN
CATÁSTROFE EN XAPÓN
2/15/2011
BOLSIÑAS VIAXEIRAS PARA OS NENOS DE INFANTIL
Xa levan rodando unhas semanas as bolsiñas viaxeiras para os nenos máis pequenos do cole.
Con elas poden disfrutar cada fin de semana dunha lectura en familia; ademáis vai acompañada dun caderniño onde cada neno escribe e debuxa o que máis lle gustou do libro, e pode ver o que fixeron os seus compañeiros.
Con elas poden disfrutar cada fin de semana dunha lectura en familia; ademáis vai acompañada dun caderniño onde cada neno escribe e debuxa o que máis lle gustou do libro, e pode ver o que fixeron os seus compañeiros.