2/09/2010

ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA










Todos os nenos de primaria pasamos unha vez cada tres semanas para realizar actividades que nos propoñen as encargadas da biblioteca.




Empezamos o curso elaborando entre todos unhas normas de uso da biblioteca, tamén fixemos actividades para a formación de usuarios.






AS MOCHILAS VIAXEIRAS



No mes de outubro empezou o programa das mochilas viaxeiras. Cada semana saen oito para as casas dos nosos alumnos, esperando que as familias disfruten da lectura en compañía; ademáis leva un caderno viaxeiro en donde todas as familias escriben e debuxan o que máis lles gustou.


Disfrutan moitísimo co programa!!!!


APERTURA DA BIBLIOTECA


¡¡¡E chegou o día!!!

No mes de outubro (2009), abríronse as portas da biblioteca a toda a comunidade escolar, polo que agora podemos disfrutar dela todos os nenos da escola, durante os recreos e nas sesións de actividades programadas polas profes encargadas da biblioteca.
Pasámolo xenial!!!!!!!!!!!!!

2/08/2010

A TRANSFORMACIÓN DA NOSA BIBLIOTECA

No curso pasado (08/09), as profes encargadas da biblioteca escolar, fixeron unha gran labor de selección, organización, estructuración e decoración dos espazos e fondos da biblioteca.












Fotos ao inicio do traballo.












Ao final dese curso xa puidemos visitala para coñecer a súa nova organización e funcionamento. Todos os cursos pasamos por ela e elaboramos o noso marcador de espazo personalizado.




Facendo os marcadores de espazo.